7. XURADO, SELECCIÓN, CRITERIOS DE VALORACIÓN E ENTREGA DE PREMIOS
- O xurado con voz e voto estará composto por cinco persoas relacionadas co audiovisual, a xeración e consumo de contidos dixitais e/ou co traballo na área da normalización da lingua. Unha destas persoas será a gañadora na categoría Youtubeira da anterior edición.
- O xurado valorará as canles no seu conxunto, agás no premio Vídeo, no que se terán en conta os vídeos das canles de xeito individual, sempre que cumpran estas bases.
- O xurado valorará os seguintes criterios:
> Calidade lingüística. Valorarase o uso coidado e correcto da lingua en todas as súas variantes dialectais (calidade fonética, lexical, sintáctica, etc.).
> Calidade dos contidos e diversidade das temáticas e dos perfís das persoas creadoras.
> Calidade técnica mínima da canle ou dos vídeos, tanto visual como sonora.
> Capacidade de transmitir os contidos e dotes interpretativos e/ou comunicativos.
A listaxe de finalistas publicarase con anterioridade á data de entrega de premios. Ao mesmo tempo anunciarase na web e comunicarase a cada participante finalista.
A resolución final do xurado coñecerase nunha gala de entrega de premios pública e aberta. Esta gala anunciarase coa suficiente antelación e todas as persoas finalistas adquiren o compromiso de asistir.